Asesoría Xurídica | Compostela Accesible

Asesoria Xurídica 

Asesoría Xurídica da Plataforma Compostela Accesible


 

A Asesoría Xurídica de Compostela Accesible nace para defender os dereitos das persoas con discapacidade, mobilidade reducida e de toda a cidadanía que sufra problemas relacionados coa accesibilidade.

Ofrecemos orientación e apoio legal en casos como:

Barreiras arquitectónicas en edificios públicos ou privados.

Problemas de accesibilidade en rúas, prazas ou transportes.

Reclamacións por caídas causadas polo mal estado das vías públicas.

Danos en cadeiras de rodas, scooters ou outros produtos de apoio.

Incumprimentos da normativa de accesibilidade.

Tramitación de queixas e reclamacións ante administracións públicas.

Información sobre dereitos das persoas con discapacidade.

Os socios e socias con acceso a este servizo poderán recibir asesoramento xurídico inicial, estudo do caso e orientación sobre as accións máis adecuadas para defender os seus dereitos.

Porque a accesibilidade non é un privilexio, é un dereito.

Compostela Accesible é unha asociación sen ánimo de lucro legalmente constituída e inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, creada para promover a accesibilidade universal, a inclusión e a igualdade de oportunidades en Santiago de Compostela.

Traballamos na sensibilización cidadá, na defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional, no asesoramento, na denuncia de incidencias e na colaboración con institucións, empresas e colectivos sociais para construír unha cidade sen barreiras.

Datos da entidade

  • Denominación: Plataforma Compostela Accesible
  • NIF: G88700158
  • Domicilio fiscal: Rúa de Entrepexigos, 18, 2º A, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Natureza xurídica: Asociación sen ánimo de lucro
  • Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia: Nº 2026/028467-1
  • Ámbito de actuación: Santiago de Compostela e a súa contorna

Porque a accesibilidade non é un privilexio, senón un dereito.

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.