01
Movilidade e espazo público
Incidencias relacionadas coa accesibilidade nas rúas, beirarrúas, pasos de peóns, prazas, parques, zonas peonís, mobiliario urbano e demais espazos públicos que dificulten a mobilidade e autonomía das persoas.
02
Aparcamento PMR
Incidencias relacionadas coas prazas de aparcamento reservadas para persoas con mobilidade reducida, incluíndo ocupación indebida, falta de prazas, sinalización deficiente ou problemas de acceso.
03
Edificios e Instalacións
Incidencias relacionadas coa accesibilidade en edificios públicos ou privados, instalacións deportivas, culturais, educativas ou administrativas, así como a existencia de barreiras arquitectónicas, accesos non adaptados ou deficiencias nos servizos destinados ás persoas con mobilidade reducida.
04
Transporte e Movilidade
Incidencias relacionadas coa accesibilidade no transporte público e privado, paradas, estacións, vehículos adaptados, itinerarios accesibles e calquera obstáculo que dificulte os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida.
05
Comercio,hostalaria e servizos
Incidencias relacionadas coa accesibilidade en comercios, restaurantes, cafeterías, hoteis e outros establecementos ou servizos, incluíndo accesos non adaptados, barreiras arquitectónicas, ausencia de aseos accesibles ou calquera outra limitación que dificulte o acceso e uso por parte das persoas con mobilidade reducida.
06
Educación,sanidade e administración
Incidencias relacionadas coa accesibilidade en centros educativos, centros de saúde, hospitais, farmacias, dependencias administrativas e outros servizos públicos, cando existan barreiras ou dificultades que limiten o acceso e a participación das persoas con mobilidade reducida.
07
Accidentes e responsabilidade patrimonial
Incidencias relacionadas con caídas, lesións, danos materiais ou prexuízos ocasionados polo mal estado da vía pública, a falta de mantemento, a existencia de barreiras arquitectónicas ou calquera outra deficiencia que poida dar lugar a unha posible reclamación de responsabilidade patrimonial.
08
Discriminación e vulneración de dereitos
Situacións de trato discriminatorio, exclusión, negativa de acceso a servizos ou incumprimento da normativa vixente que limiten ou vulneren os dereitos das persoas con discapacidade ou mobilidade reducida.
09
Propostas de mellora
Suxestións, ideas e iniciativas destinadas a mellorar a accesibilidade, a mobilidade e a inclusión en Santiago de Compostela, contribuíndo á construción dunha cidade máis accesible, segura e amable para todas as persoas.
10
Outras incidencias
Calquera situación relacionada coa accesibilidade, a mobilidade reducida ou a inclusión que non se axuste ás categorías anteriores e que poida afectar á autonomía, seguridade ou igualdade de oportunidades das persoas.
