Socios | Compostela Accesible

Por que facerte socio/a da Plataforma Compostela Accesible?

Porque a accesibilidade non é un privilexio, é un dereito.

Porque xuntas e xuntos temos máis forza para esixir cambios reais.

Porque defendemos unha Compostela sen barreiras para todas as persoas.

Porque denunciamos problemas de accesibilidade e facemos propostas concretas.

 Porque apoiamos ás persoas que precisan orientación e asesoramento.

Porque promovemos unha sanidade pública máis accesible e de calidade.

 Porque traballamos por un transporte, un urbanismo e uns servizos públicos inclusivos.

 Porque a túa cota axuda a financiar proxectos e iniciativas que melloran a vida de moitas persoas.

 Porque queremos que as persoas con discapacidade participen nas decisións que lles afectan.

 Porque cada novo socio/a é unha voz máis reclamando unha cidade mellor.

Compostela Accesible é unha asociación sen ánimo de lucro legalmente constituída e inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, creada para promover a accesibilidade universal, a inclusión e a igualdade de oportunidades en Santiago de Compostela.

Traballamos na sensibilización cidadá, na defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional, no asesoramento, na denuncia de incidencias e na colaboración con institucións, empresas e colectivos sociais para construír unha cidade sen barreiras.

Datos da entidade

  • Denominación: Plataforma Compostela Accesible
  • NIF: G88700158
  • Domicilio fiscal: Rúa de Entrepexigos, 18, 2º A, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Natureza xurídica: Asociación sen ánimo de lucro
  • Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia: Nº 2026/028467-1
  • Ámbito de actuación: Santiago de Compostela e a súa contorna

Porque a accesibilidade non é un privilexio, senón un dereito.

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.