FORMULARIO DE INCIDENCIAS
Se detectaches unha barreira arquitectónica, un problema de accesibilidade, unha situación de risco ou calquera outra incidencia que afecte á mobilidade, á autonomía ou á igualdade de oportunidades das persoas, podes comunicala a través deste formulario.
A información recibida será revisada por Compostela Accesible e, cando proceda, trasladarase ás administracións ou entidades competentes para solicitar a súa corrección.
Para facilitar a tramitación, recomendamos indicar a localización exacta da incidencia e achegar fotografías sempre que sexa posible.
Entre todos e todas podemos contribuír a construír un Santiago de Compostela máis accesible, inclusivo e sen barreiras.
